Fotógrafo Documental de Boda

28 marzo 2019 - Bodas - Comentario -

Fotógrafos Lugo

Fotógrafo Boda Lugo

Estudio Fotográfico en Lugo

Hoxe traémosvos un post co que pretendemos chamar a atención sobre a importancia da elección dun bon Fotógrafo de Bodas

Hai pouco poidemos ver un estudio acerca dos índices de satisfacción dos clientes de Fotógrafos de Boda na UE, un estudio moi pormenorizado do que vos iremos falando, que inclúe tarifas máximas, mínimas e medias de cada país, o grado de satisfacción dos clientes co traballo entregado, así coma o xeito de comunicarse de Fotógrafos e clientes. 

Pero hoxe centrarémonos nos exemplos que poidemos ver dos traballos que entregaban moitos Fotógrafos, sen dar nomes por suposto, traballos mostrados polos clientes, tanto satisfeitos como insatisfeitos. Podemos decir que despóis de varias horas de ver fotos e opiniós, chegamos á conclusión, nada modesta, pero certa, de que estamos na zona de arriba desta pirámide. 

Vimos traballos moi bos, impresionantes, fotografías que che da envexa non ter estado allí pra facela ti. Hai auténticos cracks neste negocio, e España é unha auténtica potencia neste sector da Fotografía de Boda.

Pero vimos aínda máis reportaxes deficientes. Moitos, pero moitos traballos realmente lamentables, indignos dun fotógrafo profesional, que os novios amosaban moitas veces entre bágoas, e non é pra menos. Os recordos do día máis importante das súas vidas non están á altura do que sucedéu no  seu gran día, e isto supón un disgusto maiúsculo.

Nunha ocasión, unha alumna dun dos nosos Cursos de Fotografía Dixital comentábame que ela, estudiando Belas Artes, tiña unha asignatura de Fotografía, e pediulle ó su profesor, un bon Fotógrafo paisaxista, que lle fixeche a Reportaxe da súa Boda

Para a súa sorpresa, o profesor negóuselle rotundamente, aducindo que xa o fixera nunha ocasión, que "fora de cu todo o día" -palabras textuales- e que lle salira fatal. Recomendóulle que se dirixira a un bon especialista na materia, se é que non se quería levar un disgusto, e que él non era o indicado. Ela fíxolle caso, e o resultado foi satisfactorio.

A sensatez deste Profesor de Fotografía non a teñen todos, que creen que por ter unha cámara boa ou cara, xa son fotógrafos, e o que é ainda máis complexo, créense Fotógrafos de Boda.

Fotografía de Boda require sen dúbida dun equipo de gran calidade, pero ademáis ten que ser moi específico. Pra resumilo, require un equipo versátil e completo, dado que facemos retrato, macro, deportiva, paisaxe, arquitectura, infantil e parella, todo no mesmo día.

Pensamento Creativo Fotógrafos - Fotógrafos%20Bodas%20Lugo.%20Pc%20(5).jpg

Pensamento Creativo Fotógrafos - Fotógrafos%20Bodas%20Lugo.%20Pc%20(11).jpg

A característica principal da Fotografía de Boda é que todo sucede moi deprisa e sen avisar. É moi similar, salvando as distancias, á Fotografía de guerra. Polo tanto, unha característica fundamental pra o equipo dun Fotógrafo de Bodas, é que teña un sistema de enfoque rápido e preciso. Sen esto perderaste moitas fotos por falta de foco, e cada foto perdida é un momento esencial que os teus novios xa non terán....

Pensamento Creativo Fotógrafos - Fotógrafos%20Bodas%20Lugo.%20Pc%20(8).jpg

Pensamento Creativo Fotógrafos - Fotógrafos%20Bodas%20Lugo.%20Pc%20(1).jpg

Tamén é necesaria unha boa dosis de formación específica, en forma de workshops, a ser posible cos millores do mundo na materia, cousa que pola nosa parte facemos tódolos anos, seguimos indo a aprender dos millores, pra ser tamén millores nós, pra non face-la foto que faría calquera... pra capt-los momentos de forma impactante e diferente.

Pensamento Creativo Fotógrafos - FOtógrafo%20Bodas%20Lugo.%20L%20(2).jpg

É indudable que fai falta tamén paixón, moita paixón. O pasado ano un amigo Fotógrafo díxome: "A min as bodas quéimanme".... Pois non fagas bodas, compañeiro, díxenlle. Se non vas con paixón, con amor por esto, con ansia de captura-los recordos desa parella que confiou en ti, se non vas dopado pra conseguir A FOTO en cada boda, millor quédate na casa.

Todo o anterior é xa indispensable, pero a condición sine que non, o que sobre todo se require, é algo sen o que non te podes atrever a xogar cos recordos dunha parella de novios. Esto é a experiencia, que primeiro tes que coller indo de segundo Fotógrafo en miotas bodas, e despóis de Fotógrafo Principal nas túas.

Esa experiencia, estar curtido en mil batallas, saber cando se vai producir ese momento máxico e estar listo, saber cando usar ráfaga e cando esperar un disparo único, ter claro que a batería e a tarxeta agótanse no momento máis inoportuno e adiantarte. Entender cando debes tirar desde lonxe  e cando tes que estar a ras de chan, dentro da acción... Adaptarte ás diferentes condiciós de luz que se dan no día, desde as vestimentas en interior, ás ceremonias ó aire libre, ou dentro das igrexas.  Fora nas sesiós de pousado de exteriores, outra vez pra dentro no banquete, e nocturna de interior con movemento no baile....

En todas estas variadas circunstancias tes que fiar fino, encuadrar ben, enfocar perfecto, non queimar a foto, non deixala negra, que non salga movida, non perturbar o desenvolvemento natural do evento, e se podes ser creativo, impactante, diferente, pues xa sería a repera. Sintoo, pero non todo o mundo pode facelo, polo menos non decentemente.

Pensamento Creativo Fotógrafos - Fotógrafo%20Bodas%20en%20Lugo.%20Pensamento%20Creativo%20(7).jpg

Dinme moitos invitados ó final do día que sin duda ganeime o sueldo, porque me ven correndo, cos flashes de aquí para aló, tirado polo chan, bailando con eles, sudando coma un polo sobre todo na ceremonia.... pero non hai outra forma de facer un traballo decente. Son entre 12 e 20 horas de curro continuado a toda pastilla, un curro especializado e delicado.... pero tamén super gratificante.

Cando os teus novios se emocionan ó ver as suas fotos, sabes que cumpliches. E saber que co paso dos anos serán as tuas fotos os únicos recordos que lles quedarán dese gran día, é o motor principal da nosa paixón por este traballo. 

Fotógrafo da miña Boda fixo un gran traballo. Hoxe vexo as fotos e transpórtanme ó momento. Vendo as miñas fotos recordo os sabores, os olores, recordo o que sentía.... Teño moitos amigos que non poden deci-lo mesmo, dinme que as súas fotos nin fu nin fa, ou que unha porquería directamente. Non pode ser.

Non permitas que che pase esto. Contrata a un Fotógrafo de Bodas que te emocione, que che transmita tranquilidade, co que empatices, que sexa un profesional. Xa sei que somos caros, que deixarse dous ou tres mil euros na fotografía é unhna salvaxada.... pero é que son os teus recordos, os únicos que che quedarán. Cando volvas do viaxe de novios, o día da túa boda xa estará borroso. O trepidante do día, as emociós sen fin, o alcohol jeje.... Son demasiados datos pra dixerir e memorizar. Se o teu fotógrafo non chos garda... ¿qué che quedará? 

Ese abrazo cos teus avós, esa emoción, as bágoas, terán aínda máis valor cando eles xa non estén, e ise recordo  tén que ser auténtico, non pousado nin fabricado, tén que ser captado na súa esencia e na súa crudeza. Igual que os momentos de festa, cando vos mantean, cando saltades e bailades, cando vos tiran á auga, ou cando o novio se lanza e fai un streap tease.... eso tén que quedar nas fotos, porque da túa memoria vanse ir indo conforme vos sucedan outras cousas na vida.

Por eso defendemos a Fotografía Documental de Bodas. Farémosvos  fotos de pousado, fotos coa familia, do ramo e dos detalles.... pero o que quedará será o outro. Créeme que dentro de 30 anos o ramo non che vai importar un pemento. 

Busca Fotografías que conten unha historia, que inmortalicen un momento irrepetible, FOTOS QUE IMPORTEN. Costarache máis cartos, seguro, pero será o diñeiro millor invertido da túa boda.

Apertas.

Fotógrafo de boda en Lugo          Fotógrafos de boda en Coruña   

       Fotógrafo de bodas en Galicia

Compartir 

Deixa o teu comentario
O teu enderezo de correo electrónico non será publicado

2 + 4 =
Últimas entradas
Categorías
Ver anterior Ver seguinte