- Eu

Fotógrafos Lugo 

  Fotógrafo de Bodas en Lugo   

Estudio Fotográfico en Lugo



¿Falar de min?


Falar sobre min.... non me gusta nada. Opinar sobre o meu traballo, simplemente non sería creíble, nin obxetivo.....

Pero é realmente importante que, se vou se-lo voso fotógrafo, saibades porqué son fotógrafo, porqué despóis de traballar de luns a venres, fundímonos os fines de semana do vrao facendo reportaxes de boda hasta as tantas da madrugada.

A miña paixón pola fotografía vén desde siempre, e a historia de cómo me forméi pra aprende-las distintas técnicas fotográficas é común á de moitos compañeiros. Nada novo que contar.

É máis importante a razón que me levóu a ser Fotógrafo de Boda, fotógrafo de personas e emocións, como me gusta definirme. 

Ó principio eu facía fotos bonitas, sen máis, o típico retrato coa luz ben manexada, cun bonito desenfoque dos fondos... Paisaxe, arquitectura, macro, moita nocturna.... fotos chulas visualmente, sen máis.

Pero hai alguns anos tocóume ver como meus pais, os dous moi maiores, íbanse apagando pra terminar falecendo. Co meu pai tiña unha relación especial, él era una persona especial, e tíñamos moitos contos entre nós, batalliñas que me contaba desde neno, e que xa utilizábamos como unha contraseña só pra os dous. 

Unha delas consistía en que cando nos víamos, eu preguntáballe: "¿Amañácheme os arados?" e él tiña que contestar "Onte, fun a Lugo..... e hoxe... viñeron as pezas"  Era un conto da súa mocedade que non vén ó caso narrar aquí, unha de esas cousas entre pai e fillo.

Pero cando sufréu un primeiro ictus, e despóis outros dous, pequenos todos, pero que con 94 años foron facendo mella, tuven que ver con tristeza como xa non me contestaba cuando lle preguntaba "Amañáchesme os arados?"  Quedábase pensando, como se lle fallara algunha conexión na súa cabeza, como se a resposta estuvera ahí e non poidese acceder a ela. Sabía que tiña que decir algo, pero non atinaba a facelo. Eran cada vez máis as veces en que se quedaba en branco, como ausente...

Pero reaccionaba cando lle enseñaba fotos de cando era novo, fotos da casa dos seus pais, e de cando mozos con miña nai.  As fotografiás eran como a porta de acceso ós recordos que ainda estaban ahí, e que non tiña capacidade de abordar por sí solo. 

O mesmo pasóu uns anos despóis coa miña nai, e istes episodios fixéronme reflexionar acerca da importancia dos recordos, da importancia de ter ben documentados os momentos importantes, porque a memoria vainos ir fallando a todos.

Tamén do que me gustaría ter máis fotos cos meus pais e co meu irmán, e sería estupendo que fosen fotografías tomadas sen nós o saber, sen pousar.... Fotos xogando, comendo, reñendo, aprendendo a andar, de cando me levaba meu pai no colo mentres él facía que conducía no seiscentos, de cando por fin me aprendéu a conducir de mozo..... Meus fillos sí terán fotos de todo iso, porque xa de adulto volvínme un pesado e mesmo obsesivo con facer fotos de todo o que consideraba importante. Hoxe teño no meu arquivo familiar 82.000 fotografías da familia.... Xa sei que estóu enfermo, jajaja. E case todas son tomadas ó escaquis, sen pousar, sen mirar á cámara.

Os anos, as experiencias que veñen despóis do día da nosa boda, ou do noso embarazo e da infancia dos nosos pequenos, van diluíndo os recordos que temos deses momentos tan especiales. E de ahí a importancia de que as fotografías non só sexan visualmente bonitas, senon que falen da verdade, de momentos verídicos, de emocións....

É vital que as nosas fotos señan o backup da nosa memoria. Pero non calquera foto, tén que ser un fotograma que seña revelador, que che arranque unha emoción, que te traslade ó momento.

E non hai un día máis feliz que o día dunha boda. A tua Boda. Ese día todo é alegría, todos imos guapos, con ganas de comer, de beber e de bailar. Ese día o tímido de la pandilla desmelénase, e ise tío serio que temos todos na familia, arráncase a cantar ou atrévese  cun streap tease. É un día de tolerías, cheo de risas e bágoas, de baile, de anécdotas, de nenos correndo e facendo trasnadas, de moito alcohol, unha montaña rusa de emocións e sentimientos, todos positivos. É o escenario predilecto pra un fotógrafo documental. 

Á xente dislle "Son Fotógrafo de Bodas", e quédanse ahí tal cual, coma se dixeras que eres tendeiro, ou administrativo, ou chófer.... Pero pra mí é o traballo máis importante do mundo, porque me encargades a difícil misión de capturar os momentos do día máis importante das vosas vidas. Facédesme responsable das primeiras fotos da vosa nova vida xuntos.

Esto fai que a tarde previa á vosa boda ma tome libre, non traballo, estóu concentrado no día de mañá, como o está un atleta ante a súa participación nunha competición de nivel, ou un cantante ante un gran concerto. Buscando estar centrado, inspirado, preparandoo  todo pra que ó día seguinte non falle nada. 

Sempre digo que non teño estilo, que o meu estilo é o dos meus novios, i é así. Eu tiraréime polo chan, subiréime ás alturas, non pararéi en todo o día pra capturar a esencia, a ialma da vosa boda, e non hai maior verdade que esta: "A esencia da Fotografía está en mirar co corazón, non cos ollos"

Bueno, xa sabedes o cómo e o porqué da miña paixón por este traballo. Foi un pouco rollo, pero necesario. Non é un día pra tomarlo á lixeira.

Apertas fortes e a por todas na vida!!


 

 

 

Fotógrafos Lugo   

Fotógrafo de Bodas en Lugo

Estudio Fotográfico en Lugo