DESCONTOS do 40% a Sanitarios, Policía e Supermercados

BASES DA PROMOCIÓN

Esta iniciativa está orientada a realizar un acto de agradecemento ós profesionales que actuaron como primeiro batallón de defensa na loita contra a pandemia do Covid-19.

Nese sentido, dende Pensamento Creativo Fotógrafos queremos aportar o noso grau de area realizando un Desconto do 40% nas tarifas de tódolos nosos reportaxes fotográficos, ós clientes que pertenezan a calquera destes sectores que correron o risco en primeira liña,e que vimos de concretar en tres: Personal Sanitario (incluido o personal de residencias de maiores e funerarias), Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, e Personal do sector minorista de Alimentación (tendas e supermercados ó público).

Na iniciativa, que terá unha vixencia que abarcará a tódolos reportaxes que se contraten dende o 11 de maio ata o 1 de decembro de 2020, (anque se celebren no 2021), están incluidos TODOS OS REPORTAXES do noso abanico de servicios, a saber, premamá, bebés, newborn, familia, retrato, mascotas, bodas, bautizos e comunións, etc... Solamente están excluidas as Mini Sesións de Nadal, que son sesións de 3-5 fotos que salen por 50-60 eu. 

Este desconto aplicarase sobre as tarifas dos reportaxes fotográficos. Álbumes, recordatorios, impresión de fotografías, ou reportaxes de vídeo non están incluidos, dado que son artículos que subcontratamos e que teñen un coste pra nós. Pra calquera precisión acerca de cómo quedan os paquetes que conforman as nosas tarifas, por favor contactádenos.


Un heroe non ten que ser musculoso, nin ir armado necesarimente. Un heroe é unha persona que toma un risco cando podería facer o contrario. É o que corre cara o perigo cando os máis fuxen en dirección oposta. Para os nosos heroes era doado terse collido unha baixa por depresión, pero seguiron ahí, ó pe do cañón, e merecen o noso recoñecemento.

É certo que outros sectores tamén seguiron traballando neste período de maior incidencia do contaxio, incluidos prensa, transportistas, limpeza e outros moitos que seguiron axudando a que a nosa vida poidese seguir con relativa normalidade, pero non todos estiveron en risco evidente e permanente ó realizar este traballo. Por outra parte, sería realmente complicado aglutinar á totalidade de sectores, coas consideracións subxetivas de que se un corréu máis riscos que outro, polo que se decidéu concentrar a iniciativa nestes profesionales exclusivamente.

Consideramos que estes 3 sectores son os que tiveron que estar cara a cara co virus, estando en contacto directísimo con grandes cantidades de xente, infectada ou non. Todos sabemos do precio que levan pagado en saúde e mesmo en vidas moitos destes traballadores, e queremos expresarlles o noso agradecemento, na medida das nosas posibilidades.

Podedes beneficiarvos desta iniciativa contactándonos directamente AQUÍ

Tamén nos nosos mails e tfnos/whatsapp:

miguelanxo@pensamentocreativofotografos.com

coi@pensamentocreativofotografos.com

639 468 999 (Miguel) // 646 956 949 (Coi)

E por suposto, no noso estudio de Plaza de Augas Férreas nº 8 de Lugo, onde vos recibiremos con xel desinfectante e máis un bombón ;-) Bicos non podemos dar… de momento.