Cursos e Workshops

Organizamos cursos de fotografía, tanto de iniciación como de perfeccionamento. Os cursos de iniciación están dirixidos a non iniciados no mundo da fotografía dixital. Son moi completos, constan de 4 xornadas de 2 horas cada una. Nas dúas primeiras xornadas impártense coñecementos acerca do manexo das cámaras e da exposición fotográfica. A terceira está dedicada a flash e composición. Por último, a cuarta xornada dedicámola íntegramente á edición en Photoshop. Regalamos a tódolos asistentes un programa de edición Adobe Photoshop Elements orixinal.

  

Despóis dos cursos organízanse saídas ó aire libre pra poñer en práctica o aprendido e correxir erros.

Contamos cun grupo cerrado en Facebook, integrado só por alumnos dos cursos, no que subimos as nosas fotografías, valorámolas, criticamos e tentamos milloralas entre todos. É una estupenda maneira de seguir en contacto e aprendendo. 

Os cursos de perfeccionamento están pensados pra alumnos que xa se desenvolven con soltura coa cámara. Constan de dúas xornadas, unha dedicada a profundizar en diversos aspectos técnicos e de equipo, e outra totalmente práctica nunha sesión de estudio cunha modelo.

Contáctanos se estás interesado en algún destes cursos.